Axuda
Busca de topónimos:
- O buscador non distingue entre maiúsculas e minúsculas. Ex.: obterá o mesmo resultado escribindo brión, Brión ou BRIÓN.
- Se non coñece a grafía exacta do topónimo que busca pode utilizar caracteres comodín: un guión baixo (_) para substituír un carácter (ex: vilalb_); a porcentaxe (%) ou o asterisco (*) para substituír varios caracteres (ex.: vilal* ou vilal%).
- Pódense buscar dous ou máis topónimos a un tempo separándoos coa barra oblicua (/). Ex.: Arzúa/Viveiro/Lugo; nabal/nabais; pazo/pacio...
Criterios de busca:
- O buscador ten en conta os acentos (ex.:obterá resultados diferentes escribindo rios, ríos ou riós), a non ser que lle indiquemos o contrario, premendo no criterio de busca ‘Non ter en conta acentos'.
- Nas buscas téñense en conta os espazos (ex.: obterá resultados distintos escribindo agolada ou a golada), a non ser que lle indiquemos o contrario, premendo no criterio de busca ‘Non ter en conta espazos'.
- O buscador rastrexa o texto escrito polo usuario sen ter en conta a posición que ocupa en cada topónimo da base de datos (ex: escribindo riba podemos encontrar topónimos como Ribas, A Ribalta ou Aldea de Riba). Se queremos restrinxir as opcións de busca podemos escoller ‘Comeza por', ‘Remata por' ou ‘Exacto'.
Outros criterios de busca:
Por defecto, o buscador fai a procura entre todos os topónimos existentes nas bases de datos almacenadas, pero o usuario pode restrinxir a busca elixindo:
Unha das bases de datos:
- Nomenclátor de entidades de poboación: aparecen xeorreferenciadas as entidades de poboación do Nomenclátor do INE (ano ), corrixidas segundo o Nomenclátor da Xunta de Galicia.
- Proxecto Toponimia de Galicia: nomes recollidos coa metodoloxía do PTG.
Unha das tipoloxías existentes (ex.: serra, fonte, aldea, regueiro...).
Situación:
Por defecto, este servizo busca os topónimos de toda Galicia, pero o usuario pode restrinxir o espazo xeográfico elixindo entre diferentes opcións:
- unha provincia (ex.: PONTEVEDRA).
- unha provincia e a continuación un concello (ex.:PONTEVEDRA > ARBO).
- unha provincia, logo un concello e, por último, unha parroquia (ex.:PONTEVEDRA > ARBO > Sela (Santa María)).
Ordenación de resultados:
Os resultados dunha busca móstranse en forma de listaxe cos topónimos ordenados tendo en conta o nome completo (ex.: As Chousas aparece antes que Chousa). O usuario pode utilizar outro criterio de ordenación elixindo entre outras cinco opcións:
- Nome do topónimo sen ter en conta o artigo (ex.:Aldomán aparecerá antes que A Alfándiga).
- Provincia
- Concello
- Parroquia
- Tipoloxía
Por último, non debemos esquecernos de picar no botón ‘Buscar'. A tecla ENTER non activa o buscador.